Preguntas xerais

É JAVAGALICIAN algún tipo de proxecto oficial? Está patrocinado ou apoiado por algunha institución pública ou compañía privada?

Non. JAVAGALICIAN é un proxecto de código aberto completamente independente, e non ten relación con institucións oficiais ou compañías privadas de ningún tipo.

[top]

Qué normativas foron usadas para crear os textos localizados?

JAVAGALICIAN adheriuse á última revisión das normas oficiais de gramática, ortografía e vocabulario promulgadas pola Real Academia Galega, en vigor en 2009.

Os seguintes textos foron utilizados como referencia:

  • Novo dicionario da lingua galega. Ed. Obradoiro-Santillana, 2005.
  • Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Ed. Galaxia, 2004.
  • Dicionario Castelán-Galego da Real Academia Galega. Real Academia Galega e Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2004.
[top]

Está dispoñible algún tipo de soporte?

Non. Pero existe unha lista de correo / foro de usuarios na que podes facer as túas preguntas ou responder outras de outros usuarios.

[top]