Resumo

Este proxecto usa Subversion para xestionar o seu código. Instruccións sobre o uso de Subversion poden atoparse en http://svnbook.red-bean.com/.

Acceso Web

Enlace ao repositorio de código fonte online.

Acceso anónimo

Pode facerse un checkout do código fonte do SVN de maneira anónima co seguinte comando:

$ svn checkout http://javagalician.svn.sourceforge.net/svnroot/javagalician javagalician-commons

Acceso de Desenvolvedor

Todo o mundo ten acceso ao repositorio de Subversion mediante HTTP, pero os Committers deben realizar o checkout do repositorio Subversion mediante HTTPS.

$ svn checkout https://javagalician.svn.sourceforge.net/svnroot/javagalician javagalician-commons

Para confirmar cambios ao repositorio, executa o comando seguinte (pediráseche o contrasinal)

$ svn commit --username your-username -m "A message"

Acceso a través dun cortafogos

Os usuarios bloqueados por un cortafogos corporativo que bloquea o acceso HTTP ao repositorio de Subversion poden intentar acceder a través da conexión para desenvolvedores:

$ svn checkout https://javagalician.svn.sourceforge.net/svnroot/javagalician javagalician-commons

Acceso a través dun proxy

O cliente Subversion pode funcionar a través dun proxy, se se configura para iso. Primeiro, edita a configuración de "servers" no teu ficheiro de configuración para indicar que proxy se debe utilizar. A ruta ao ficheiro depende do sistema operativo. En Linux ou Unix está no directorio "~/.subversion". En Windows está en "%APPDATA%\Subversion". (Proba "echo %APPDATA%", ten en conta que é un directorio oculto.)

Hai comentarios no ficheiro explicando que facer. Se non tes o ficheiro, obtén a última versión do cliente de Subversion e executa calquera comando; isto fará que se cree o directorio de configuración e os ficheiros de patrón.

Exemplo: Edita o ficheiro 'servers' e engade algo como isto:

[global]
http-proxy-host = your.proxy.name
http-proxy-port = 3128